Manifestación-cacerolada contra a corrupción na Coruña
De novo a CGT volta a montala polas ruas da cidade herculina. Non contentos con tér gañado as eleccións sindicais en varias empresas locais, a xente de CGT volta a toma-la iniciativa, na boa compaña da CUT ( todo unha honra compartir sempre pancarta e acción con vós, compañeiros!!) , o movimento 15M e cada día máis colectivos sociais engádense a un movimento reinvindicativo e rebelde que quere devolver o protagonismo ó propio povo, verdadeira víctima destes continuos e impunes aldraxes desta tribu de impresentables delincuentes que pasan por empresarios, banqueiros e políticos sen escrúpulos. A atronante cacerolada que acompañóu este traxecto polo centro coruñés acabóu na Plaza do Humor ( valga a redundancia!), onde despóis dos manifestos, dimos boa conta dos viños e petiscos prometidos. Os que non viñéchedes, tranquilos, habrá moitas máis oportunidades para repetir esta contestación pública... repetir as veces que faga falla. faltaría máis!!!
Enviar un novo comentario