Nova xornada de loita do metal (Vigo, 03-06-2009)
Nova xornada de folga do Metal na provincia de Pontevedra, que continúa como unha folga consolidada e que segue a mobilizar a milleiros de traballadores e traballadoras nas rúas. Neste dia anunciouse a convocatoria de tres xornadas máis de folga para a próxima semana, mércores, xoves e venres, convocando no último dia desa semana a todo o sector do Metal, mesmo aquelas empresas que contan con convenio propio como Citroen. Tamén este mércores volveron actuar dun xeito desproporcionado e violento as forzas antidisturbios, que fixeron a súa aparición na Praza de América, a toda velocidade, e que desde aí comezaron cargas indiscriminadas, que rematarían fronte ao estaleiro de Barreras, onde de novo os folguistas resistiron ao lanzamento masivo de pelotas de goma e botes de fume. Máis na web da CIG.
Enviar un novo comentario