Galiza Contrainfo Vídeo

18 de Xuño de 2013

O q nom vam contar na TV sobre o juízo a quatro independentistas galeg*s na Audiência Nacional #testemunhasdaexcepçom

Disculpa, pero precisas instalar flash para ver este contido.

O 18 de xuño estreamos videoreportaxe titulado: "O que non van contar na TV sobre o xuizo a catro independentistas galeg@s. Testemuñas da excepción". Será ás 20 da tarde, e estará disponíbel o video na web, na nosa canle de youtube e nas redes sociais.

Nas semanas anteriores ao xuízo aos catro independentistas galeg@s na Audiencia Nacional, que decorrerá 24 e 25 de xuño, desde Galiza Contrainfo gravamos e editamos esta reportaxe sobre a situación dos presos políticos galegos, a vulneración dos seus dereitos e os das súas familias coa dispersión imposta, baixo a lexislación antiterrorista e coa criminalización dos medios de comunicación hexemónicos.

Conversamos coa nai de Eduardo Vigo, Aurora Domínguez, que nos acolleu na súa casa de Angrois, para falar da situación do seu fillo. No parque de Bonaval falamos con Xosé Lois Santos, pai de Antom Santos, sobre o seu percorrido desde que ingresaron ao seu fillo no cárcere.

O pasado domingo 17 de Outubro de 2010 tivo lugar o Peche da 3ª Acción Internacional da Marcha Mundial das Mulleres con actividades-espello en todas as partes do mundo do acto central que aconteceu en Sud Kivu na República Democrática do Congo...

Concentraçom de denúncia ante a presença de Shlomo Ben Ami, deputado da Knéset (parlamento de Israel), numha palestra no CGAC, em Compostela, baixo o título "O valor da diplomacia".

Acto de recebimento, convocado por Ceivar, aos ex-presos independentistas Xurxo Rodríguez e Óscar Sánchez no Parque Maria Xosé Queizán da cidade de Vigo.

...

O 16 de outubro a Asociación Viguesa pola Memoria HIstórica do 36 rendeu unha homenaxe a 136 persoas que foron fusiladas no monte de O Castro, nun acto no que inauguraron un monolito cunha placa explicativa sobre o asasinato deses...

Vídeo da charla que o pensador anarquista Miquel Amorós ofereceu no CSO Casa das Atochas, na Corunha. Amorós centrou a sua intervençom na crítica anti-desenvolvimentista, e assinalou a defesa do território coma umha nova frente de luita contra...

Vídeo-crónica do acto da AMI em Moanha polo dia da GZ Combatente, que este ano tivo um marcado carácter feminista, pois a organizaçom juvenil decidiu dedicar-...

Distribuir contido