Olladas

19 de Maio de 2013

Sabes o que é unha barriografía?

Autor/a: 
Música en branco

O músico e comunicador Xurxo Souto explica as súas Barriografías, un programa de radio itinerante por nove espazos do barrio coruñés da Agra do Orzán que comezará a emitirse en internet este mes de maio como parte do proxecto Música en Branco. Queres saber máis? Déixate caer por aquí:

musicaenbranco.org/actividades/barriografias/

Que é Música en Branco? Unha intervención urbana que investiga, documenta, difunde e pon en valor a memoria musical e sonora deste barrio da Coruña, converténdoa nunha ferramenta para a participación e a innovación social. Desenvolvido pola Concellería de Cultura da cidade herculina, lévase a cabo no marco de Urbana-C, un Programa Integral de Rexeneración Urbana financiado pola Unión Europea e o Concello.

Promo express para a IV Festa da Mafia!

Galician History X supón un repaso en ton humorístico á historia de Galicia e a súa lingua a través de momentos históricos destacados, dende o seu nacemento ata a actualidade.Equipo:- Miguel Grandío López- Iago Manoel Souto Lorenzo- Fidel Ojea...

Presentación do festival do 15 de Xuño (2013) a celebrar en Canido (Vigo) e organizado pola comisión de festas Liñares 2013.

familiacaamagno.bandcamp.comfacebook,com/familiacaamagnotwitter.com/familiacaamagno

O documental está incluído no libro-dvd homónimo "Un chapeu negro e un nariz pallaso. Tras os pasos de Roberto Vidal Bolaño", de Montse Pena Presas e Gonzalo Enríquez Veloso, editado pola Editorial Galaxia en 2013.

Distribuir contido